La flor / A mi madre
Autora: Rosalía de Castro
Páxinas: 68
Encadernación: Tapa dura
Edita: Fundación Rosalía de Castro
Idioma: Castelán
Colección: Obra completa actual
ISBN: 9778-84-87668-52-4
La flor, publicado no mesmo ano ca Les fleurs du mal de Baudelaire, é o primeiro poemario dunha Rosalía de vinte anos. Aínda que nunha retórica distinta sen substrato social, aí están xa concentrados algún dos principais motivos literarios: a muller traizoada, a perda irreparábel… esa flor seca, murcha, de cemiterio.
A mi madre é un conxunto de catro poemas longos escritos inmediatamente despois da morte da nai, María Teresa de Castro y Abadía (1804-1862), figura figura clave na biografía da autora e cuxa estirpe cantou tamén no célebre poema “Como chove miudiño”.