Cantares gallegos
Autora: Rosalía de Castro
Páxinas: 168
Encadernación: Tapa dura
Edita: Fundación Rosalía de Castro
Idioma: Galego
Colección: Obra completa actual
ISBN: 9778-84-87668-56-2
Primeiro libro integramente en galego que marca o inicio do denominado Rexurdimento pleno. Asociada á lírica e á esfera popular, a autora utiliza esta dimensión para desenvolver unha alegoría nacional sobre a dignidade de Galicia (a cultura, a lingua e a paisaxe) e a súa épica (a emigración). Non menos importante é a expresión dun afouto pensamento crítico, especialmente social e feminista.