Xurxo Souto presenta ‘Pangalaica’

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa-Museo

Xurxo Souto presenta o seu último libro, ‘Pangalaica’ (Galaxia, 2020), acompañado de Pinto d’Herbón. Prometen que haberá cancións,  regueifas e moito máis. 

O 17 de marzo de 2020, Xurxo recibe a chamada de María Obelleiro, directora de Nós Diario. A pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda.

É a escusa que precisa. Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.

Reservas aquí: fundacionrosaliadecastro@gmail.com