X Certame Poético Rosalía de Castro
Lugar:
Concello de Padrón
Anótao en
O Concello de Padrón vén de convocar a décima edición do Certame Poético Rosalía de Castro, co que colabora esta Fundación. O prazo de presentación remata o 15 de marzo de 2024.
A participación no concurso está aberta a calquera persoa. A temática e a forma poética escollida son libres, pero só se aceptarán obras inéditas en lingua galega, non premiadas noutros concursos, e cunha extensión mínima de 400 versos.
O traballos deberán presentarse no Concello de Padrón (rúa Longa, 27. 15900-Padrón) por quintuplicado e en papel, en tipografía Arial e tamaño 12, polo sistema de plica.
A obra gañadora será premiada con 1.500 euros e un diploma acreditativo. Publicarase, ademais, na colección de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.
Podes consultar máis información e bases aquí.