Presentación do libro ‘Amada Rosalía’ de Suso Díaz

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa-Museo

O venres 4 de outubro ás 19 horas o auditorio da Casa de Rosalía acolle a presentación do libro ‘Amada Rosalía’ de Suso Díaz, que será presentado por Anxo Angueira.

amada Rosalía é un libro que emula, na súa creación, o que fixo Rosalía de Castro cando escribiu os seus Cantares gallegos. El escolleu versos soltos dos Cantares gallegos e Follas novas, da poeta santiaguesa, para inspirar os seus poemas; e escribir poemas inspirados nalgún deses versos que lle dedicaron á nosa autora, integrándoos no poema e mantendo a lingua na que foron escritos. Tamén escolleu versos doutros poetas que lle dedicaron algún poema a Rosalía de Castro para, do mesmo xeito, inspirar poemas seus, e nos que están representadas todas as linguas peninsulares.

amada Rosalía contén 161 poemas, para conmemorar o 161 aniversario da publicación dos Cantares gallegos; son poemas que nacen para ser cantados, e nese conxunto hai versos octosílabos, medida que tamén empregou Rosalía, ata poemas coa forma do haiku.