“Iriña Bailarina” de Teatro dos Ghazafelhos

Hora:

12:00

Lugar:

Casa de Rosalía

Fotografía Jerry Noia@_elefarte

Espectáculo infantil a cargo de Teatro dos Ghazafelhos

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e  un único desexo: xogar sen límites para medrar sen  medidas.

Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección “A Igualdade conta” por Edicións Embora, Teatro dos Ghazafelhos crea un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.