Homenaxe nacional a Darío Xohán Cabana

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio Municipal de Padrón

O vindeiro 4 de xuño ás 19 horas  acollemos un evento moi especial, a homenaxe nacional “Semente de Mencer” a Darío Xoán Cabana, amigo histórico desta Casa, alén de ser un dos grandes escritores da Galicia contemporánea, inmellorable tradutor da gran poesía italiana e occitana medieval e persoa comprometida co futuro da lingua galega e da propia Galicia.
 
Nela participarán Fuxan os Ventos, que están a celebrar o seu 50 aniversario, O’ Leo de Matamá, o Mago Antón, Eliseu Mera e Diego Rojo, Chus Pato, Lois Pérez, Pepe Cáccamo, Antón Dobao, Xabier Cordal, Oriana Méndez, Xoán Cuba, Rosa López e Leonor Cabana
 
* A homenaxe terá lugar, por mor das previsións de chuvia, no Auditorio Municipal de Padrón (Campo do Souto), no centro da vila.
** As entradas están esgotadas