“Fábulas da montaña”, espectáculo de monicreques

Hora:

19.00

Lugar:

Casa de Rosalía

Espectáculo de monicreques de Larraitz Urruzola baseado nas fábulas orixinais de Concepción Arenal. 

Sinopse:

En Fábulas da montaña, Concepción Arenal repasa a súa infancia en Ferrol e o posterior traslado a Armaño, Cantabria, trala morte do seu pai. Alí, na convivencia cos animais da casa e ante o respecto de lobos e osos, escribe o seu libro “Fábulas en verso orixinais”. Historias onde destaca a súa loita polos dereitos das mulleres, das clases desfavorecidas e a defensa da educación como medio para conseguir a Igualdade.

Descrición:

En escena a actriz Larraitz Urruzola interpreta a Concepción Arenal, que cos títeres da súa saia-teatriño presenta momentos da súa mocidade e as súas fábulas. A pianista Merran Laginestra acompaña en directo con temas populares e de Marcial de Adalid, compositor galego contemporáneo da escritora.

Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola

Pianista: Merran Laginestra

Autor e director: Inacio Vilariño

Público: +8 anos
Duración: 50 minutos
[Entrada libre ata completar capacidade]