Expo ‘O Herbario de Rosalía’ en Tui
Lugar:
Anexo Sala Municipal de Exposicións de Tui
Anótao en
2-16 DE XUÑO
Exposición ‘O Herbario de Rosalía’ en Tui
Mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.
Non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario, unha auténtica homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza. Tentamos aproximarnos ao herbario que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.
Autoras: María López Sández, Mabel Fraga e Miguel Fraga (fotografías)
Anexo Sala Municipal de Exposicións de Tui
Edificio “Francisco Sánchez”, rúa Colón, 2
do 2 ao 16 de xuño