Espectáculo ‘Un verso, un cantar’ de Queiman e Pousa

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa-Museo

Un espectáculo ambientado a principios do século XX onde a poesía e a canción van da man, en Homenaxe a Emigración Galega.

Actores: Andrea Pousa (Lola) e Bruxo Queiman (Manolo)

Músicos: Suso Feixón (percusión), Javi Rabanal (contrabaixo) e Miro Míllara (teclados)

Fusión teatralizada musical con poemas de artistas tan recoñecidos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están entre nós, pero que foron a nosa voz e memoria dende outras terras , ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan esa labor de supervivencia da nosa cultura.

SIPNOSE:

Ano 1940, un matrimonio galego, Lola e Manolo, emigran a Bos Aires en busca dun mellor futuro. Os primeiros anos non serán fáciles xa que os seus protagonistas enfrentarnse a un país totalmente diferente con outras costumes, falas e vivenzas… Pero a unión da colectividade galega fará que a morriña se ameine, reuníndose frecuentemente no Centro Galego. Alí vivirán, chorarán, recordarán, bailarán e cantarán a súa Galicia, ata que un día as súas vidas volten a cambiar para sempre…

Inclúe: declamación, canto e música, que envolve o público nun halo elegante, creativo ó tempo que cercano, tanto polo sentimento que esconde tras cada verba ou nota, como pola novidade e amplitude do público que abarca.