[CANCELADO ATA NOVO AVISO] Daquelas que cantan. Homenaxe a Xela Arias

Hora:

20.00

Lugar:

Casa-Museo de Rosalía de Castro

[—–CANCELADO ATA NOVO AVISO por mor do peche perimetral de Padrón—–]

[Informaremos en canto sexa posible da nova data]

Homenaxe a Xela Arias, protagonista do Día das Letras 2021, cun recital que recupera o proxecto ‘Daquelas que cantan’, libro-CD que publicou esta Casa en 1997 con ocasión do 50 aniversario da creación do Patronato Rosalía de Castro. Naquel momento once escritoras galegas (entre elas Xela Arias, pero tamén Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, Xohana Torres, María Xosé Queizán, Helena Villar, Chus Pato, Pilar Pallarés, Ana Romaní e Yolanda Castaño) creaban poemas dedicados a Rosalía acompañados pola música de Rodrigo Romaní. 

Vintecatro anos despois, cinco desas poetas regresan canda Rodrigo Romaní novamente baixo a dirección de Ana Blanco, para lembrar a Xela Arias e tamén a Rosalía nun recital poético e musical no que tamén terán protagonismo as imaxes que realizou a fotógrafa María Esteirán. Elas son: 

Chus Pato

Ana Romaní

María Xosé Queizán

Yolanda Castaño

Pilar Pallarés

Poden reservar a súa praza aquí escribíndonos a este mail: fundacionrosaliadecastro@gmail.com.