Conferencia e observación astronómica

Hora:

19.30 e 22.30

Lugar:

Casa de Rosalía

O xoves 30 de decembro a Casa de Rosalía acolle unha conferencia na horta desta Casa e unha observación astronómica a simple vista e con prismáticos. Será realizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, promotora da iniciativa #EstrelaRosalía, e terá lugar dúas quendas: ás 19.30 para ver as constelacións típicas do verán; e a segunda, ás 22.30 horas, para coñecermos as de inverno. A entrada é libre.

A observación será sen telescopio, o ceo a simple vista, mais tamén con prismáticos, polo que convidamos aos participantes a traeren os seus. Durante o solpor aínda están no ceo os planetas Xúpiter e Saturno e mesmo Venus; a paisaxe celeste desa hora ten aínda moitas constelacións típicas do verán (Cisne, Lira, Aguia, por exemplo), mais tamén a boa altura está Pegaso e Andrómeda, coa galaxia como obxectivo sinxelo con binoculares.

A medida que deixamos pasar a noite vai “entrando o inverno”. Contra ás once xa saíu polo leste mesmo Orión e sobre o sur na zona óptima de observación temos as constelacións da Balea ou o Augadeiro.