Concerto de Rosalía da Banda de Padrón

Hora:

20.30

Lugar:

Auditorio Municipal de Padrón

A Banda Municipal de Padrón ofrece o venres 20 de febreiro o “Concerto de Rosalía” que vai ter lugar ás 20.30 horas no auditorio municipal de Padrón, en colaboración co Concello de Padrón e a Casa de Rosalía.  

Baixo a título “Fíos de tempo: canto e voces da terra galega” o noso director artístico, Santiago Mella García,  preparou un concerto conmemorativo concibido para celebrar o Día de Rosalía de Castro, figura fundamental da literatura galega e símbolo universal da identidade cultural de Galicia. O proxecto propón unha experiencia artística integral na que música, palabra e escena constrúen un relato continuo, desde o ámbito máis íntimo ata a celebración colectiva da cultura galega. O concerto créase como un relato artístico unitario no que a palabra poética actúa como fío condutor entre as distintas partes musicais.