Concerto de Le Phenix (Espazos Sonoros)
Hora:
19.00
Lugar:
Auditorio da Casa-Museo
Anótao en
O festival Espazos Sonoros ofrece no auditorio da Casa de Rosalía un concerto de Le Phénix o domingo 15 de setembro ás 19 horas. A entrada é libre.
Eles son:
Calia Álvarez, viola da gamba
Roberto Alonso, violonchelo
Fernando Santiago, violonchelo e dirección
Le Phénix é un proxecto ideado e impulsado polo violonchelista, pedagogo e investigador galego Fernando Santiago que nace tras unha longa e intensa experiencia de estudo e interpretación da música dos séculos XVII, XVIII e XIX. O ensemble, que reúne instrumentos tan dispares como violóns, violas da gamba ou violonchelos, afonda no repertorio xenuíno para esta formación, ao tempo que recupera unha das prácticas máis características e esquecidas destes séculos: a transcrición e a adaptación musical. Concert Le Phénix realiza unha intensa actividade investigadora, baseada no estudo de numerosas fontes documentais históricas, coa intención de aproximarse, coa maior fidelidade, aos instrumentos e ás diferentes técnicas, códigos e prácticas de cada época.
O programa está inspirado na figura de Hubert Le Blanc, avogado, abade e violagambista amador que, en 1740, publicou un interesante tratado titulado “Défense de la basse de viole contre les entreprises du violon et les prétentions du violoncelle, obra que reflexa un momento histórico en Francia no que, a viola da gamba, logo séculos de esplendor, vai quedando relegada a un segundo plano, mentres os instrumentos da familia da braccio, como o violín ou o violonchelo, ían gañando protagonismo nos famosos Concerts Spirituels parisinos.