Concerto de Fin de Ano con Berlai

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa de Rosalía

A banda Berlai, liderada por Xiao Berlai, presentará no xa tradicional concerto de Fin de Ano na Casa de Rosalía o seu terceiro disco, ‘Estampas Galegas’, unha mestura de música, pequenos relatos e ilustracións falando sobre a Galicia de hoxe e homenaxeando o ‘Cousas’ de Castelao.

A música e os relatos foron compostos por Xiao Berlai e as ilustracións van da man de Leandro Lamas.