Entrega Premio Baltar + Concerto de Borja Quiza

Hora:

20.00

Lugar:

Auditorio da Casa de Rosalía

Xa tradicional celebración de fin de ano na Casa de Rosalía na que se entregará o IV Premio Baltar Feijóo a Xurxo Martínez, e posteriormente comezará o concerto de  Borja Quiza (barítono) e Fernando Briones (piano), que leva por título “A emigración galega. Cancións de ida e volta”.

O proxecto consta de un concerto lírico para voz e piano. O programa do concerto leva o título de A Emigración Galega. Cancións de ida e volta. As cancións intercalaranse con explicacións das mesmas en termos de contexto histórico e sociocultural falando dos compositores, o significado das letras ou a súa popularidade.

Os galegos gañaron a loita pola súa identidade na emigración e o exilio americano, unha sorte de peregrinaxe na búsqueda de liberdade e prosperidade. Galicia e América non se poden entender a unha sen a outra. Os movementos intelectuais arredor da cultura galega xurden no exilio. A bandeira, o himno e a Academia da Lingua Galega aparecen en cidades como La Habana, Rio de la Plata, ou Caracas. Tal é así que non existe capital latinoamericana que non teña actualmente un Centro Galego que sirva de eixo cultural sen pecar de gregarismo.

Este concerto pretende facer un repaso polas cancións multiculturais que unen as dúas ribeiras. Unha viaxe musical por Galicia e polos tres principais países vinculados con ela a través da emigración, Cuba, Arxentina e México:

Galicia
JOSÉ CASTRO “CHANÉ” (1856-1917)
– Os teus ollos (Texto de Manuel Curros Enríquez)
– Un adiós a Mariquiña (Texto de Manuel Curros Enríquez)
– Tangaraños (Texto de Manuel Curros Enríquez)
– Cántiga: Unha noite (Texto de Manuel Curros Enríquez)
– Gaiteiriño pasa (Texto de Joaquín Aramburu)
XOÁN MONTES (1840-1899)
– Lonxe da terriña (Texto de Rosalía de Castro)
JOSÉ FERNÁNDEZ VIDE (1893-1981)
– Cantan os galos (Texto de Eduardo Blanco Amor)

Cuba
J. CASTRO “CHANÉ”
– Habanera: Violeta (Texto de Eduardo N. Sarmiento)
– Habanera: Semejanza (Texto de José Céspedes)
J. FERNÁNDEZ VIDE
– Son-rumba: Cubana ideal (Texto de Antonio Fandiño)
ERNESTO LECUONA (1895-1963)
– Conga: Para Vigo me voy (Texto de Francia Luban)
GONZALO ROIG (1890-1970)
– Criolla-bolero: Quiéreme mucho (Texto de Agustín Rodríguez)
ISOLINA CARRILLO (1907-1996)
– Bolero: Dos gardenias (Texto de Isolina Carrillo)

Arxentina
HORACIO PETTOROSSI (1896-1960)
– Tango: Galleguita (Texto de Alfredo Navarrine)
ANDRÉS GAOS (1874-1959)
– Vidala: Vidalita
CARLOS GARDEL (1890-1935
– Tango: Volver (Texto de Alfredo Le Pera)

México
CONSUELO VELÁZQUEZ (1916-2005)
– Bolero: Bésame mucho (Texto de Consuelo Velázquez)
CHUCHO MONGE (1910-1964)
– Ranchera: México lindo y querido (Texto de Chucho Monge)