Concerto das Letras: Beatriz Vázquez e José Manuel González

Hora:

13.00

Lugar:

Casa-Museo de Rosalía

Celebraremos o Día das Letras o vindeiro sábado 21 ás 13 horas cun concerto no Piano de Rosalía de Beatriz Vázquez (soprano) e José Manuel González (piano), con repertorio rosaliano. 

A capacidade é moi limitada. Reserva de entradas aquí: fundacionrosaliadecastro@gmail.com

Beatriz Vázquez (soprano) é natural de Padrón e catedrática de idiomas aplicados ao canto no Conservatorio Superior de Castilla y León en Salamanca. Iniciouse no mundo da lírica da man de  Mª José Couceiro Blanco, debutando como solista en 2010 coa Banda de Música da Escola Naval de Marín. Participou en numerosos concertos e recitais como solista, así como en producións líricas en Galicia, Portugal e diversas cidades españolas. 

José Manuel González (piano) é natural da Estrada. Titulado en Piano, Solfexo, Harmonía, Contrapunto, Fuga e Composición, na actualidade exerce como profesor de música no colexio Los Sauces de Pontevedra. Como director musical estivo á fronte de varias agrupacións, como a Orquesta de Cámara “Boa vila” e a banda de música  Unión Musical de Tenorio (Pontevedra).

Programa: 

Mayo longo

José Baldomir / Rosalía de Castro

Melodía Gallega (Os teus Ollos)

José Castro “Chané” / Manuel Curros Enríquez

Meus Amores

José Baldomir / S. Golpe

Lonxe da terriña

Juan Montes / Aureliano J. Pereira

Aureana do Sil

Federico Mompou / Ramón Cabanillas

Nena d’as soledades

José Fdez. Vide / Manuel Murguía

Camiño Longo

Antón García Abril / Ramón Cabanillas

Cantart’ei Galicia (Rosaliana n.I)

Joaquín Rodrigo / Rosalia de Castro

Enterro do neno pobre

José Manuel González / Luis Pimentel

A Rosalía

José Baldomir / Manuel Curros Enríquez

Beatriz Vázquez, Soprano

José Manuel González, Piano