Charla do proxecto Galicia Nomeada da RAG

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa de Rosalía

Charla do especialista en toponimia Vicente Feijoo Ares, da Real Academia Galega, sobre “A plataforma Galicia Nomeada. Un recurso dixital para salvagardar, divulgar e investigar a toponimia galega”. [Entrada libre]

Organizado pola Asociación Cultural Os Penoucos e O Baixo Ulla, o obxectivo é convocar voluntarios e voluntarias que colaboren neste proxecto colaborativo para rexistrar a microtoponimia galega, especialmente dos concellos de Valga e Dodro, os que contan con menos achegas da Terra de Iria.

Organizado pola Asociación Cultural Os Penoucos e O Baixo Ulla, en colaboración coa RAG, o obxectivo é atopar voluntarios e voluntarias que colaboren neste proxecto colaborativo para rexistrar a microtoponimia galega, especialmente dos concellos de Valga e Dodro, os que contan con menos achegas da comarca do Baixo Ulla. A entrada é libre.

Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada a ela. Esta ferramenta informática permite que o voluntariado cultural de Galicia (particulares, asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes, centros de ensino, confrarías, entidades públicas e privadas…), desde un PC, tableta ou smartphone conectado a internet, poidan achegar os topónimos da súa aldea, parroquia ou concello, segundo unha metodoloxía predefinida.

Galicia ten unha riqueza excepcional na súa toponimia. Na súa extensión (29.574 Km2), malia ocupar soamente un 6% do territorio de todo o estado, contén sobre un terzo das entidades de poboación do Estado español. Estamos a falar de arredor de 38.500 nomes de entidades de poboación que se rexistran actualmente no novo Nomenclátor de Galicia, obra que está en fase de actualización e aprobación.

Isto no que respecta á toponimia maior, pero cando falamos da menor ou microtoponimia, a cifra crece exponencialmente, pois calcúlase que podemos salvagardar máis de 2 millóns de topónimos vivos na memoria dos galegos e galegas; iso si, a meirande parte ameazados co risco de desaparecer debido ás transformacións dos modos de vida tradicionais.