15 de xullo con Tres Pesos

Hora:

20.00

Lugar:

Casa-Museo de Rosalía

O 15 de xullo todos os anos lembramos nun acto público o pasamento de Rosalía. Ademais, entregamos a Rosa de Galicia, coa que este ano recoñeceremos a Juan Naya. E, para rematar de celebrar a vida da nosa autora, teremos un concerto de Tres Pesos.
 
Martes 15 de xullo
20.00 horas
Casa de Rosalía
 
Acto de homenaxe
– Entrega da Rosa de Galicia á familia de Juan Naya 
– Laudatio do académico Xosé Luís Axeitos
– Actuación de Tres Pesos 
 
[A entrada é libre]
 
Felisa Segade, Xoan Porto e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo) son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,… centos de horas sobre o escenario e miles fóra del soñando coa nosa música, coa nosa tradición. A música é matemática e a matemática deste trío devolve nesta ecuación un resultado entrañable.