Bolsa de prácticas na Casa-Museo

Lugar:

Na web de BECAS FEUGA

A Fundación Rosalía vén de abrir a convocatoria para unha bolsa FEUGA de prácticas na Casa-Museo para recén graduados.

Nome do posto: auxiliar dos servizos do museo en prácticas

Duración: 6 meses (ampliable a outros 6)

Requerimentos:

  • Titulado/a Superior en Humanidades (preferentemente Filoloxía Galega ou Historia) 
  • Dominio do inglés (acreditado)

Valorarase:

  • Outra formación relacionada (preferentemente específica de museos)
  • Dominio doutras linguas

Perfil persoal:

  • Capacidade de comunicación
  • Facilidade para as relacións humanas
  • Sensibilidade e compromiso co mundo da arte e da cultura
  • Gana de aprender e de mellorar

Descrición do traballo e funcións:
Atención ao visitante nos diferentes servizos do museo, visitas guiadas, actividades para escolares, organización de eventos, etc.

Xornada e horario: Xornada completa de martes a sábado, en turno partido, variable, cun máximo de 8 horas.

Como solicitalo: Na web de Becas FEUGA

Prazo de solicitude: Ata o 1 de xuño