15 de xullo con actuación de Abraham Cupeiro
Xullo
15
Hora:
20.00
Lugar:
Casa de Rosalía
Anótao en
O 15 de xullo todos os anos lembramos nun acto público o pasamento de Rosalía. Ademais, entregamos a Rosa de Galicia, coa que este ano recoñeceremos a rosalianista británica Catherine Davies. E, para rematar de celebrar a vida da nosa autora, teremos un concerto-relatorio de Abraham Cupeiro, o xenio dos instrumentos antigos a quen lle agradecemos que nos fixera un oco na súa apretadísima axenda.
Luns 15 de xullo
20.00 horas
Casa de Rosalía
Acto de homenaxe
– Discursos institucionais
– Entrega da Rosa de Galicia a Catherine Davies
– Concerto-conferencia de Abraham Cupeiro