135 anos do pasamento de Rosalía
Como cada 15 de xullo, a Fundación Rosalía de Castro organiza un acto conmemorativo por mor do cabodano do pasamento da escritora:
20.00 Acto institucional. Conduce Elvira Ribeiro
Interveñen:
- Xosé Luís Axeitos, director da revista Follas Novas
- Carme Hermida, Amiga da Casa de Rosalía
- Martin Pawley, promotor da iniciativa Estrela Rosalía
- Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía
Recital poético con Cándido Duro, Antón Blanco e Noelia Gómez
Actuación musical: Carmen Dor
23.30 Observación Estrela Rosalía, coa colaboración da Agrupación Astronómica Ío (recoméndase traer prismáticos)