Nas visitas escolares o noso obxectivo é que o alumnado poida entender de forma efectiva e didáctica a importancia de Rosalía como figura central da cultura galega e como eixo dunha familia que funcionou como unha auténtica factoría cultural ao servizo do Rexurdimento.

É por iso que vimos de renovar a oferta didáctica desta Casa-Museo para todas as idades escolares, incluíndo visita guiada + actividade didáctica.

UNIDADES DIDÁCTICAS
Podes consultar o noso material didáctico relacionado coa visita, adaptado a cada nivel, na páxina de Recursos Educativos

Velaquí as posibilidades segundo o nivel educativo [DESCARGA aquí máis información sobre a nosa oferta educativa]:

– ONDE ESTÁ MURGA? (Infantil e 1º e 2º de Primaria): ou como a través do rato Murga os máis pequenos van coñecendo a Casa e a familia que viviu nela.

– EXPEDICIÓN ROSALÍA (3º e 4º de Primaria): visita guiada + actividade didáctica

– CANTARES MIÚDOS (5º e 6º de Primaria): visita guiada + escape-room

– DESCUBRINDO ROSALÍA (ESO): visita guiada + escape-room

– Bacharelato: visita guiada

Prezos:

– Entrada: 2 euros para o alumnado (profesorado acompañante de balde)

– Inclúe: visita guiada + actividade didáctica


Para a concertación das visitas:

Por teléfono: +34 981 811 204
Por correo: fundacion@rosaliadecastro.gal