II Concurso Escolar de poesía para o alumnado de Secundaria e Bacharelato
A Fundación Rosalía e El Corte Inglés presentaron o II Concurso Escolar de poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato.
A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés presentaron esta mañá o II Concurso Escolar de poesía para o alumnado de Secundaria e Bacharelato que na súa anterior edición acadou a participación de máis de 200 alumnos e alumnas de toda Galicia.
Ao acto asistiron Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e Pati Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia, que informaron das bases do Premio, que establece tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO (1º e 2º), 2º ciclo da ESO (3º e 4º) e Bacharelato. As obras han de seren orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.
As persoas que desexen participar poden enviar os seus textos ata o 30 de maio e o fallo do concurso farase público o día 6 de xuño, mentres que a entrega dos premios terá lugar o día 14 do mesmo mes nun acto poético-musical no que participarán os propios premiados e premiadas.
Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado/a conseguirá un iPad e haberá dous áccesit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros.
Podedes descargar as bases do concurso aquí.