Gañamos o Premio do Público Culturgal 2018
A Casa-Museo Rosalía de Castro recibiu o pasado domingo 2 de decembro o Premio do Público do Culturgal 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A Casa-Museo Rosalía de Castro recibiu o pasado domingo 2 de decembro o Premio do Público do Culturgal 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Foi nun acto que tivo lugar no Espazo Foro, onde Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, o recolleu en nome da institución de mans do director de Culturgal, Xosé Aldea, e do presidente, Víctor López.
Alén diso, actuaron Os Quinquilláns Teatro, caracterizados como a propia Rosalía e o pintor Modesto Brocos (o único artista que a retratou en vida), Nuria Vil e Vanesa Glemsel, dous membros do grupo Canto d’Aqui de Braga, e os nenos Martiño e Saleta Rivo Bugallo.
A Casa de Rosalía impúxose na votación do público a través de Internet que tivo lugar do 9 ao 23 de novembro. As outras candidaturas eran Chanfaina Lab de San Sadurniño e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.