Apoio á presenza de Galicia na UNESCO

Apoio á presenza de Galicia na UNESCO

Dezasete fundacións e entidades literarias galegas instan ao Goberno español a que propoña tamén a Galicia como membro asociado da UNESCO.

A Fundación Rosalía de Castro vén de facer público, canda outras 16 fundacións e entidades literarias, un comunicado de apoio á presenza de Galicia e da súa cultura na UNESCO:

POLA INCORPORACIÓN DE GALICIA Á UNESCO

DECLARACIÓN PÚBLICA

Segundo anunciou a través dos medios de comunicación, o Goberno de España está traballando para conseguir que Cataluña e Euskadi sexan membros asociados da UNESCO (Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e da Organización Mundial de Turismo.

A UNESCO é un organismo especializado das Nacións Unidas que ten como obxectivo promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Centra os seus esforzos no recoñecemento e a difusión da diversidade cultural e o diálogo entre pobos, que son esenciais para a paz e o desenvolvemento da Humanidade. Xa que logo, a UNESCO constitúe un espazo privilexiado para o recoñecemento, a cooperación e a visibilidade das culturas do mundo.

Galicia, ao igual que Cataluña e Euskadi, é unha comunidade autónoma coa consideración constitucional de nacionalidade histórica e non existe causa ningunha para que non se beneficie desa probable incorporación. A ausencia de Galicia como aspirante a membro asociado constitúe unha inaceptable discriminación.

As entidades culturais que asinan esta declaración, comprometidas coa defensa, o estudo e o fortalecemento da cultura galega, entenden que Galicia, como comunidade cultural e lingüística singular e diferenciada, debe ter presenza específica na UNESCO, exactamente igual e polos mesmos motivos que Cataluña e Euskadi.

Apelamos á cidadanía e as institucións galegas pertinentes a que demanden igualmente para Galicia a condición de membro asociado da UNESCO.

Asinantes iniciais:

Asociación Cultural Xermolos
Asociación Évame Oroza
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Casa-Museo Xosé Manuel Pazos
Casa Natal de Otero Pedrayo e Vicente Risco
Fundación Antón Losada Diéguez
Fundación Alexandre Bóveda
Fundación Eduardo Blanco Amor
Fundación Eduardo Pondal
Fundación Insua dos Poetas
Fundación Isla Couto
Fundación Manuel María
Fundación Margarita Ledo Andión. Casa da Galería
Fundación Novoneyra
Fundación Penzol
Fundación Rosalía de Castro
Fundación Xosé Neira Vilas
Hotel Literario Bela Fisterra

A adhesión está aberta a outras entidades culturais. Escríbenos aquí!

Novas adhesións:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Centro PEN Galicia
Ateneo de Santiago
Asociación Cultural Os Penoucos
Instituto de Estudos Chairegos
Asociación Mauro Leivas
Ateneo de Ferrol
Ateneo de Vigo
A.C. Barbantia
Colectivo Piruchela
Sociedade de Estudos Publicacións e Traballos (SEPT)
Editorial Alvarellos
Fundación Otero Pedrayo
Ateneo de Moaña
Instituto de Estudos Ulloáns
ProLingua
Fundación Curros Enríquez
Nova Escola Galega