Con motivo do 50 aniversario da Casa de Rosalía, en xullo de 2021 puxemos en marcha o sistema de visitas virtuais á Casa-Museo en catro linguas: galego, español, francés e inglés.
Este sistema desenvolvido por Orestes Comunica, a quen lle agradecemos a súa colaboración, permite visitar a Casa-Museo e a Horta de Rosalía en 3D, con información ampliada en case 40 puntos. Para facelo empregáronse equipos baseados en tecnoloxía láser e tecnoloxía de infravermellos, cos que se fixo a captura das imaxes. Tamén se empregaron ferramentas de software específicas, tanto para a construción do percorrido a partir das imaxes coma para facilitar a súa utilización.
A incorporación dun menú no que se pode elixir entre 4 idiomas diferentes para a realización da visita virtual e o acceso ao seu contido é totalmente pioneira en Galicia e xorde como produto da colaboración de Orestes Comunica, empresa galega encargada do desenvolvemento, cunha empresa italiana especializada en desenvolvemento de software para percorridos virtuais.
Ir á visita en: