Na actualidade o conxunto utilizable da Casa de Rosalía está composto por catro edificios: o Museo –a Casa propiamente dita–, o Auditorio, o Arquivo –antiga casa de Maruxa Villanueva– e a sala de reunións que é unha zona de traballo para o persoal e o Padroado da Fundación.

A casa-museo

  • Superficie construída: 415,60m2
  • Superficia útil: 262,85m2
  • Rehabilitada por primeira vez como Casa de Rosalía en 1.971. Nos últimos anos fixeronse novas reformas e melloras no edificio
  • Ten unha capacidade de visita de 60 persoas ao tempo
  • Na recepción ademais do punto de información, venda de entradas e acceso á exposición, está a Tenda da Casa de Rosalía
  • Hai aseos para persoas con dificultades locomotoras

O auditorio

  • Ten unha superficie de 96 m2
  • Inaugurouse en 1.985. Foi reformado en 2022
  • A capacidade total é de 100 persoas
  • O escenario mide 230 cm de fondo por 590 de largo
  • Proxector OPTOMA de 3.200 lumens, entradas HDMI e VGA
  • Pantalla eléctrica enrolable M31 Elecom, de 350 x 260cm
  • Mesa de mesturas de son MIDAS M32R con ata 40 canais de entrada simultáneos
  • 2 altofalantes Yamaha DZR15W autoamplificado de 2.000W con woofer de 15″ e tweeter de 2″
  • 1 patch de conexións Midas, modelo DL16
  • 2 micrófonos de sobremesa Audio Technica, modelo AT8615RS, con cadansúas bases
  • 2 micrófonos de voz Shure, modelo SM58 patrón polar cardioide
  • 2 micrófonos de voz Shure, modelo SM57 patrón polar cardioide
  • 4 soportes de xirafa K&M, modelo 210/9 Black
  • 2 micrófonos inarámicos de man Sennheiser,  modelo XSW 1-299 sen fíos
  • 2 monitores Alto TX 310
     
  • Accesible en cadeira de rodas

O arquivo

  • Ten unha superficie de 42m2
  • Inaugurouse en 1.975 para ser a vivenda de Maruxa Villanueva
  • En 2008 reformouse e pasou a ser unha aula didáctica 
  • En 2015 transformouse en sala de arquivo
  • Ten capacidade para unha persoa externa investigando
  • Na actualidade non temos equipamento que podamos achegar para a súa utilización por parte de persoal investigador externo

Para calquera outra información poden dirixirse á Fundación a través dos seguintes medios:

Teléfono: +34 981 811 204
Correo: fundacion@rosaliadecastro.gal