Benvidas/os ao Xardín da Casa de Rosalía, un espazo de extraordinario interese histórico e botánico. Ademais de figurar na Ruta das Camelias pola abundancia e variedade desta especie, nel medran árbores históricas, como a Figueira de Rosalía, mais tamén plantas citadas na súa obra: desde a flora humilde das “herbiñas do camposanto” ou as “herbas do campo florido” ás reiteradas rosas ou os simbólicos carballos.
Para seguir comodamente a visita recomendamos que manter aberta esta páxina e fixármonos en que cada elemento, ademais do nome e do reprodutor de son, ten unha icona do rótulo co que se identifica no plano xeral.
CO APOIO DA
![](https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2020/01/Xunta-Apoios.png)