Presentámosche neste espazo os materiais para o 2º e o 3º ciclos de educación primaria. Aquí poderás atopar unha guía didáctica dos materiais, a guía para a visita á Casa de Rosalía co teu alumnado, unha presentación online para seguir entre todos na aula, un caderno de actividades e tamén unha serie de xogos didácticos.
Ano: 2022
Autoría:
Pilar Ponte (A Profa)
Obxectivos:
– Coñecer a Rosalía como muller e nai, a súa obra, e a admiración que se sinte por ela.
– Vivir a Casa de Rosalía como propia, na que sempre somos ben recibidos.
Documentos e recursos da unidade
DOCUMENTO
Guía didáctica
Recursos educativos, obxectivos e unha proposta de organizació. do traballo na visita e na aula.
DOCUMENTO
Guía da visita para o profesorado
Material pensado para preparar e acompañar unha visita á Casa de Rosalía, traballo didacticamente para este nivel.
DOCUMENTO
Caderno do alumnado
O obxectivo é achegarse a Rosalía partindo da súa realidade inmediata. As actividades divídense en “Antes” e “Despois” da visita.
INTERACTIVO – GENIALLY
A Rosalía do Pobo
Un documento polo que navegar e ampliar información con todo o relevante da vida, obra e importancia da figura de Rosalía.
XOGO – GENIALLY
E ti canto sabes de Rosalía de Castro?
Cinco preguntas con tres preguntas a escoller para afianzar o que xa sabemos de Rosalía e da súa obra e vida