Recital homenaxe a Murguía
Hora:
19.30
Lugar:
Casa-Museo de Rosalía
Anótao en
A Casa-Museo Rosalía de Castro de Padrón acolle este mércores unha homenaxe por mor do Centenario de Manuel Murguía organizada polo Concello de Oiartzun (lugar natal da nai do fundador da Academia Galega) e pola Fundación Rosalía.
O acto, de entrada libre, incluirá as músicas de Edurne Saizar (piano), Haizea Lekuona (frauta) e Oihane Mitxelena (acordeón). Ademais terá lugar un recital poético no que se lerán textos de autores vascos e galegos como Séchu Sende, Rosalía de Castro, Anxo Angueira e Antton Kazabon. Os recitadores serán os propios Angueira e Kazabon ademais de Arantza Lete e Xosé Estévez, historiador vasco-galego.
O pasado mes de febreiro xa se celebrou o primeiro acto de homenaxe a Murguía no seu centenario no Concello de Oiartzun coa participación da Fundación Rosalía e do seu presidente, Anxo Angueira.
