Recital comentado de Víctor Rodríguez Núñez

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa-Museo

A Casa de Rosalía acolle no seu auditorio o 13 de setembro ás 19 horas o recital comentado do escritor cubano Víctor Rodríguez Núñez, que será presentado por Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, nun acto organizado polo programa Poldra da Deputación da Coruña que dirixe Yolanda Castaño. A entrada é libre.

Víctor Rodríguez Núñez (La Habana, Cuba, 1955) é poeta, ensaísta, tradutor, xornalista e catedrático. Publicou dezaoito libros de poesía, case todos premiados e reeditados, seendo os más recentes ‘despegue’ (Premio Fundación Loewe, 2016), ‘el cuaderno de la rata almizclera’ (2017), ‘enseguida [o la gota de sangre en el nivel]’ (2018), ‘la luna según masao vicente’ (2021) e ‘errática’ (2023). Apareceron libros ou antoloxías da súa obra en doce países de lingua española, e en tradución ao alemán, árabe, bengalí, chinés, coreano, francés, hebreo, inglés, italiano, macedonio, neerlandés, portugués, serbio, sueco, turco e vietnamita. Leu os seus poemas en eventos literarios en máis de corenta países. Durante a década de 1980 foi redactor e xefe de redacción da influínte revista cultural cubana El Caimán Barbudo. Unha selección das súas entrevistas con poetas hispanos atópase en ‘La poesía sirve para todo’ (2008 e 2023). Compilou tres antoloxías que definiron a súa xeración, así como ‘La poesía del siglo XX en Cuba’ (2011). Traduciu poesía tanto do inglés ao español (Mark Strand, C.D. Wright, John Kinsella) como do español ao inglés (Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Emilio Pacheco). É Profesor Emérito de Literatura Hispanoamericana en Kenyon College, Estados Unidos.