Proxección de ‘Vértice de Versos’
Novembro
13
Hora:
19.00
Lugar:
Auditorio da Casa-Museo
Anótao en
‘Vértice de Versos’ é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.
É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.
Duración: 65 minutos (máis información na súa web)
