Presentación do libro ‘Ao sur da liberdade’

Hora:

19.00

Lugar:

Auditorio da Casa de Rosalía

O catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas presentará o xoves 30 de novembro no auditorio da Casa de Rosalía a súa primeira obra de ficción, unha novela histórica titulada Ao sur da liberdade (Morgante) que discorre na Galicia e na Hispania dos séculos VIII e IX. 

Trátase do primeiro libro do que será unha triloxía sobre a familia do personaxe histórico de Muhammad ibn Marwán Al-Galiqí, ‘O Galego’, fundador de Badallouce, que foi o primeiro señor en levar colonos galegos ao val do Ellas, no noroeste de Cáceres. Ao sur da liberdade céntrase na vida do avó, quen foxe de Galicia para escapar dun previsible castigo a un crime que lle atribuíron, a morte dun freire de Samos. 

Será presentado pola profesora e padroeira da Fundación Rosalía, Rita Bugallo.