Presentación de Follas Novas 6 na Coruña

Hora:

19.30

Lugar:

Asociación Alexandre Bóveda da Coruña

 A Fundación Rosalía de Castro presenta o luns  ás 20.30 horas na asociación Alexandre Bóveda da Coruña o número 6 da revista de estudos rosalianos, ’Follas Novas’. Será nun acto que contará coa intervención do director da revista, Xosé Luís Axeitos; e varios dos contribuidores deste número: Pilar García Negro, Patricia Carballal, Xosé A. Fraga Vázquez, Martín Pawley e Xabier Pérez Couto.

Neste sexto número de ‘Follas Novas’ atopamos artigos e investigacións de expertos en Rosalía de Castro de varias universidades. É o caso  de Aurora López e Andrés Pociña, da Universidade de Granada, ou Emilio Xosé Ínsua, así como Xosé A. Fraga, Patricia Carballal, Ana Acuña, Lydia Fontoira, Martin Pawley e Xabier P. Couto, Margarita Viso ou Diego Rodríguez (Fundación Barrié), entre outros. 

A temática vai desde a recuperación da pía bautismal de Sta. María de Dodro onde foran bautizados Gala e Ovidio -de aí o lugar da presentación- á importancia da figura da nai de Rosalía, e o papel de Alejandra Murguía. Tamén se inclúen artigos sobre o epistolario de Murguía, así como senllos artigos sobre Xoán Manuel Pintos e Curros Enríquez, entre outros. 

Alén da revista en papel, é posible descargar en pdf os seus contidos na web da revista.