Os Bolechas e a porta dos camiños
Hora:
18.00
Lugar:
Auditorio da Casa-Museo
Anótao en
Os Bolechas volven cunha nova xira da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Esta vez cunha proposta centrada no Camiño de Santiago.
Os Bolechas e a Porta dos Camiños
Nesta nova aventura Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá terán que botarlle unha man ao programador informático Haker Mater para poñer a punto a Porta dos Camiños, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar e non saben por que vía facelo. Para conseguiren que funcione a máquina, os cinco irmáns, acompañados do seu can Chispa, necesitarán a axuda do público, que se divertirá e aprenderá mentres participa neste reto.
Os Bolechas e a Porta dos Camiños está dirixido a nenas e nenos de catro a oito anos aínda que toda a familia pode gozar deste espectáculo que percorrerá 21 localidades e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. Ademais, todas as persoas que vaian a unha das funcións poderán participar no concurso da web do espectáculo, http://espectaculos.osbolechas.gal/ poñendo a palabra clave que se da en cada vila.
Sinopse:
Haker Mater é un programador informático que está poñendo a punto a ‘Porta dos Camiños’, unha máquina que axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar pero non saben por que vía facelo. O que pasa é que a máquina leva 11 anos sen funcionar e parece que precisa algúns arranxos, e os Bolechas son expertos en amañar cousas… Coa axuda do público conseguirán non só facer funcionar a Porta dos Camiños senón aprender unha chea de cousas sobre algunhas das principais vía de peregrinación. E mesmo axudarán ao Peregrino Faustino a elixir Camiño!
