Obradoiro de planisferios + Observación astronómica
Decembro
27
Hora:
19:00
Lugar:
Casa-Museo de Rosalía
Anótao en
Neste obradoiro montaremos, da man da Agrupación Astronómica Ío, un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. [Actividade aberta a toda a familia]
Ao rematar o obradoiro, se a meteoroloxía non o impide, desenvolveremos unha observación astronómica na horta da Casa de Rosalía para poñer en práctica o planisferio.
19.00 Obradoiro de planisferios
20.30 Observación astronómica
