Expo ‘O Herbario de Rosalía’ na Deputación de Pontevedra

Lugar:

Pazo Provincial de Pontevedra

4 – 17 de abril: Exposición ‘O Herbario de Rosalía’ en Pontevedra 

Mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.

Non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario, unha auténtica homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza. Tentamos aproximarnos ao herbario que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.

Autores: María López Sández, Mabel Fraga e Miguel Fraga (fotografías)

Horario de apertura da expo: 

Pazo Provincial de Pontevedra
do 4 ao 17 de abril
 
De luns a venres
De 9 a 19.30 horas
 
[Patrocina a Deputación de Pontevedra]