Expo ‘O Herbario de Rosalía’ en Caldas de Reis

Lugar:

Auditorio Municipal de Caldas

26 DE FEBREIRO – 17 DE MARZO

Exposición ‘O Herbario de Rosalía’ en Caldas de Reis

Mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos.

Non se trata dun herbario científico, senón un herbario literario, unha auténtica homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza. Tentamos aproximarnos ao herbario que podería facer a propia Rosalía neses paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.

Autoras: María López Sández, Mabel Fraga e Miguel Fraga (fotografías)

Auditorio Municipal de Caldas de Reis 
do 26 de febreiro ao 17 de marzo

Horario de apertura da expo:

De luns a sábado de 17 a 19h (polas mañás só mediante cita concertada)

[Patrocina o Concello de Caldas de Reis]