Encontro con Martin Pawley sobre a Estrela Rosalía

Hora:

20.00

Lugar:

Casa de Rosalía

Desde o martes 17 de decembro hai unha estrela no ceo chamada Rosalía de Castro. E o planeta que orbita arredor desa estrela leva agora “Río Sar” como nome oficial. Mais… como se detectan planetas arredor de estrelas que están tan lonxe? E como, cando e onde podemos ver a estrela Rosalía de Castro? A estas preguntas intentaremos darlle resposta nesta charla que une a literatura e a astronomía, as ciencias e as letras.