Descubre o patrimonio botánico da horta e xardíns da Casa de Rosalía. Amosamos información sobre as árbores máis senlleiras na contorna da Casa da Matanza, baseada no estudo de Carlos Rodríguez Dacal plasmado na obra ‘O Xardín da Casa de Rosalía’. As imaxes que aparecen nesta páxina e nas fichas das árbores tamén son de Dacal.
