A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron a coñecer este mediodía os gañadores das tres categorías do VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado. As afortunadas son: Ainhoa Trillo (Cee), Ainhoa Pereiras (A Estrada) e Sara Faro (Vigo).

Esta mañá reuniuse o xurado, formado pola escritora Elvira Ribeiro, os escritores Manuel Lorenzo Baleirón, Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía) e Pati Blanco, tamén director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia-Asturias.

Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas, entre os máis dun cento de orixinais recibidos:

Categoría 1º ciclo da ESO

Gañadora: Ainhoa Trillo Atán, CPR Manuela Rial Monzo de Cee co poema “País sen estacións”.

1º accésit: Sara Silva dos Santos, IES de Pastoriza (Arteixo) co poema “Luz/escuridade, baleiro/luz”.

2º accésit:   Juan González Taboada, Colexio Maristas El Pilar (Vigo) co poema “Cabalo de Ferro”.

 Categoría 2º ciclo da ESO

Gañadora: Ainhoa Pereiras Mosquera, IES Manuel García Barros (A Estrada) co poema “Palabras Baleiras”

1º accésit: Andrea Sanjurjo Martínez, IES Pontepedriña (Santiago) co poema “Vivir?”

2º accésit:  Clara Tomé Mariño, IES Porto do Son (Porto do Son) co poema “Xesús, o fillo do mecánico”

 

Categoría Bacharelato

Gañadora: Sara Faro Lubians, IES Alexandre Bóveda (Vigo) co poema “Ritual das inmemoriadas”

1º accésit: Alicia López Besteiro, IES Sanxillao (Lugo) co poema “Noite, silencio, frío”

2º accésit:  Jesús Vázquez Pajares, IES Porto do Son (Porto do Son) “O proceso de Burgos”

En cada categoría hai un premio e dous accésits: o primeiro premio unha tarxeta regalo por valor de 300 euros, o primeiro accésit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo unha tarxeta regalo por valor de 100 euros.

Os premios serán entregados o venres día 7 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón, onde os premiados e premiadas recitarán os seus poemas. 

 

 

Share