Este artigo do fotohistoriador Carlos Castelao é resultado dunha documentada investigación sobre a primeira fotógrafa coñecida de Rosalía de Castro e a pioneira desta profesión en Galicia, María Cardarelly, facéndose públicas, por vez primeira, diversas novas e obras da súa autoría.

Así comeza o seu traballo, que podedes ler completo na sección de Publicacións desta web:

“A importancia de María Cardarelly dentro do mundo da fotografía en Galicia pasa pola de ser a primeira muller que se dedicou profesionalmente en Compostela a esta actividade, se acaso non incluso de Galicia, consideración na que se adiantou uns anos á mindoniense Antonia Santos. Ademais, foi unha das primeiras fotógrafas en España, apenas superada por unhas poucas precursoras, encabezadas pola daguerrotipista Madama Valpery.

A súa pegada foi miserable no que respecta ao número de obras da súa autoría que chegaron até os nosos días. Porén, son dúas destas fotos dunha grande transcendencia histórica, posto que retrataron a maior figura literaria da Galicia do século XIX: Rosalía de Castro”.

Share