O historiador Barreiro Fernández é o principal experto na vida e obra de Manuel Murguía. Foi ademais o presidente da Real Academia Galega.
SEGUIR LENDO →A Fundación Rosalía e El Corte Inglés deron a coñecer as gañadoras do III Concurso Escolar de Poesía, que son naturais de Porriño, Moraña e Cambre.
SEGUIR LENDO →Abriuse ao público a planta baixa da Casa-Museo cunha museografía adaptada aos novos tempos. Queda pendente a reforma na primeira planta para completar esta ambiciosa e necesaria renovación da Casa da Matanza.
SEGUIR LENDO →O Concello de Padrón e a Fundación Rosalía asinaron hoxe un convenio para acondicionar e dotar de mobiliario a esta sala. O obxectivo é poñer en marcha o arquivo da Fundación, ordenalo e informatizalo para que estea ao dispor dos investigadores.
SEGUIR LENDO →A Deputación da Coruña financiará unha parte da reforma museográfica da Casa Museo Rosalía de Castro grazas a un convenio que asinaron Anxo Angueira e Diego Calvo. Estas melloras estarán incorporadas neste primeiro trimestre de 2015.
SEGUIR LENDO →A Deputación de Lugo asina un convenio de colaboración coa Fundación Rosalía para mellorar a musealización da Casa-Museo no deseño de pezas promocionais desta institución, unha actuación que ten un custo de 3.000 euros.
SEGUIR LENDO →A asociación Amigos dos Museos agasallou á Fundación Rosalía cun cadro de Serafín Avendaño, membro dos Precursores e amigo da familia Murguía Castro, como galano do Premio Pedra do Destino 2014 que outorga anualmente.
SEGUIR LENDO →O padronés Maximino Rodríguez Buján (coñecido como Máximo Sar) vén de doarlle á Fundación Rosalía de Castro, da que el foi padroeiro, o seu arquivo documental sobre a mesma. Entre os papeis destaca a correspondencia e os documentos das distintas xestións levadas a cabo como coordinador por este veterano activista cultural do galeguismo.
SEGUIR LENDO →O alumnado da especialidade Carpintaría e Moble do IES Losada Diéguez da Estrada arranxará o balcón de madeira da Casa-Museo Rosalía de Castro ao longo deste curso.
SEGUIR LENDO →Salustiano Mato e Anxo Angueira asinaron este luns o acordo de colaboración polo cal a Fundación e a Universidade de Vigo incrementarán a posta en marcha de proxectos conxuntos. A Universidade achegará 3.000 euros á Fundación e promoveranse prácticas do alumnado nesta institución, así como as visitas á Casa-Museo.
SEGUIR LENDO →Pepe Barro, deseñador e autor do novo proxecto museográfico da Casa-Museo, publica un texto sobre as principais imaxes de Rosalía que leu o 15 de xullo de 2014 na Casa da Matanza.
SEGUIR LENDO →A editorial inglesa Small Stations Press vén de publicar en búlgaro ‘Cantares gallegos’, o poemario de Rosalía de Castro que marca o inicio do Rexurdimento galego. A mesma casa sacou do prelo o ano pasado este mesmo libro en inglés, verquido pola poeta canadiana Erín Moure.
SEGUIR LENDO →