Vimos de publicar un novo artigo que achega luz á vida de María Cardarelly, pioneira na fotografía en Galicia e autora de varios retratos de Rosalía.
SEGUIR LENDO →A Fundación Rosalía de Castro celebrou na tarde do 24 de novembro un novo plenario do seu Padroado, no que se aprobou a entrada dun novo membro en substitución de Luz Pozo Garza, que demitiu por razóns de saúde.
SEGUIR LENDO →A Casa de Rosalía exhibirá, ao termo da exposición ‘Con-fío en Galicia’, a recreación dun traxe da poeta realizado pola deseñadora Carme Pichel a partir dunha fotografía.
SEGUIR LENDO →A Deputación da Coruña financiará o remate do novo proxecto museolóxico da Casa-Museo de Rosalía. Esta institución achegará máis de 33.000 euros (80% do total), que permitirán facer as obras necesarias no primeiro andar e reinaugurar a Casa a comezos do ano vindeiro.
SEGUIR LENDO →O piano da familia Castro-Murguía vén de ser cedido pola Coral Follas Novas da Coruña á Fundación Rosalía, logo de ser restaurado. Ademais, recibimos xa na Casa o cadro ‘Árbore de montaña’ de Ovidio Murguía.
Padrón, 1 de xullo de 2016.
O Museo de Belas Artes da Coruña vén de rematar de restaurar o cadro de Ovidio Murguía que adquiriu en 2014 a Fundación Rosalía. Nuns días estará xa na Casa da Matanza.
SEGUIR LENDO →Velaquí todos os gañadores e gañadoras deste concurso organizado xunto con El Corte Inglés.
SEGUIR LENDO →A familia Baltar deposita o seu valioso arquivo na Casa de Rosalía. Trátase do fondo documental de Ramón Baltar Feijoo e Ernesto Baltar Santaló, un arquivo de primeira magnitude que regresa a Galicia e a Padrón.
SEGUIR LENDO →A Casa de Rosalía estrea arquivo informatizado con toda a súa documentación histórica ao alcance dos investigadores. Por primeira vez, os valiosos fondos da Fundación Rosalía están ordenados, catalogados e informatizados, ademais de en condicións de conservación axeitadas.
SEGUIR LENDO →Desde hoxe luns pola mañá alumnos e mestres da especialidade de Carpintaría e Moble do IES Losada Diéguez da Estrada están a proceder á instalación da balconada na Casa Museo na que levan a traballar varios meses.
SEGUIR LENDO →“Como un centro de referencia privilexiado para a cultura e o turismo no país”, así definiu a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín a Casa Museo Rosalía de Castro na visita institucional que se desenvolveu este venres 13 de novembro na que se asinou o convenio coa entidade.
SEGUIR LENDO →O presidente da Fundación Rosalía visitou na Feira do Moble o balcón que fixeron os alumnos da Estrada para a Casa-Museo. Estará instalado aproximadamente no prazo dun mes.
SEGUIR LENDO →