A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron hoxe a coñecer os gañadores das tres categorías do II Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado. As afortunadas e o afortunado foron: Andrés Fernández (Lugo), Laura Espiño (A Estrada) e Paula Antía Rey (Padrón).

Esta mañá reuniuse o xurado, formado polos escritores Elvira Riveiro, Xabier Xil e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.

Velaquí a listaxe completa de premiados:

Categoría 1º ciclo da ESO
Gañador: Andrés Fernández, Seminario Diocesano, Lugo (“Por sentarme ó revés”)
1º áccesit: Elena Sotelo Prol, Colexio Peleteiro, Ames (“Esperando o tren”)
2º áccesit: Andrea Insua Ramos, IES Terra do Xallas, Santa Comba (“Metrópole”)

Categoría 2º ciclo da ESO
Gañadora: Laura Espiño dos Santos, Riobó, A Estrada (“Nada”)
1º áccesit: Elena Fernández Troncoso, IES Pino Manso, O Porriño (“Sonata para Tzara”)
2º áccesit: Xesús Conde García, IES Pino Manso, O Porriño (“A persistencia da memoria”)

Categoría Bacharelato
Gañadora: Paula Antía Rey Valiña, IES Macías O Namorado, Padrón (“Crónica codificada da estancia”)
1º áccesit: Marcela Porto Mato, Codeseda, A Estrada (“Anatomía dun presente”)
2º áccesit: Sabela Rodríguez Reino, Calasancias, A Coruña (“Tempus fugit”)


En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.

Os premios serán entregados o venres día 20 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón.

Share