A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés veñen de presentar o V Concurso Escolar de poesía para o alumnado de Secundaria e Bacharelato que na súa anterior edición de 2016 acadou a participación de máis de 160 alumnos e alumnas de toda Galicia.

As bases do Premio, que podedes consultar aquí, establece tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO (1º e 2º), 2º ciclo da ESO (3º e 4º) e Bacharelato. As obras han de ser orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.

As persoas que desexen participar poden enviar os seus textos antes do 27 de maio e o fallo do concurso farase público o día 2 de xuño. A entrega dos premios terá lugar o día 9 do mesmo mes nun acto poético-musical na Casa-Museo, onde participarán os propios premiados e premiadas. E o 15 de xullo presentarase o libro cos poemas finalistas.

Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado/a conseguirá un iPad e haberá dous áccesit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros.

 

 

 

 

 

Share