O vindeiro sábado 3 de agosto a Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa organizan a remontada ao Ulla e Sar en dorna “Que inchadiña branca vela”, unha homenaxe da cultura marítima e fluvial galega a Rosalía de Castro. Máis dunha ducia de dornas subirán desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón.

Remontada en dorna polo Ulla e o Sar

Saída da praia fluvial de Vilarello (Valga) ás 16.30h. Pasaremos polas brañas de Laíño e polas veigas de Lestrobe.  

Chegada ao Espolón de Padrón ás 18h (aproximadamente)

[Colaboran o Concello de Padrón, o Concello de Valga, Concello de Dodro, Pulpería Rial e Corauto]

COMO PARTICIPAR

Lamentablemente nas dornas non hai moito sitio para podervos convidar a subir connosco, pero…

  1. Podes acompañarnos na saída (praia de Vilarello), na chegada (Padrón) ou ao longo de todo o traxecto (ver mapa máis abaixo)
  2. Se nos fas fotos ou gravas vídeos e nolos mandas (fundacionrosaliadecastro@gmail.com) podes gañar un convite para o ano que vén (conseguirao quen consiga máis gústames no Facebook).

Velaquí a estrofa de ‘Cantares’ na que Rosalía fala das embarcacións que navegaban polo Ulla e polo Sar:

¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»


[Clica para ampliar a imaxe]

MapaDornas2014-Def

 

Share