O acto de entrega dos Pedrón de Ouro, que recaeu na Fundación Rosalía de Castro, e Pedrón de Honra, acadado polo profesor, poeta e director do Centro de Estudos Galegos de Cork, Martín Veiga,  terá lugar o próximo 21 de maio nun acto literario no que actuarán de mantedores os escritores Pilar García Negro e Isaac Xubín, que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, ás 12,30 horas.
Actuarán o grupo de música tradicional galega Os Melidaos e a cantautora Najla Shami.
Share