Ás 19.30h do 16 de maio inaugurarase no Auditorio da Casa-Museo “Pura poesía”, unha exposición da artista plástica portuguesa Ana Paula Carvalho (Santo Tirso, 1967). Formada en Arte e Deseño na Escola Superior de Artes e Design Matosinhos (1990/1995), ten exposto por todo o país luso, alén de en Toquio e Luxemburgo. Ten recibido numerosos premios como o Concurso Jovens Designers, Prémio Vista Alegre, entre outros.

A obra de esta artista ten a particularidede de ser feita tendo como material principal a pizarra na que pinta e esculpe. Na exposición poderán contemplarse en torno a vinte obras, onde Ana Paula se inspira na natureza e crea obras que serven como instrumentos para auxiliar nun camiño de autocoñecemento.

 

Share